4 mar 2013

Consumópolis-8: Adéstrate ben para o consumo responsable

A idea principal deste proxecto é

concienciar ao alumnado sobre o consumo responsable nas actividades de portivas e a súa influenza no sociedade actual.

Enmárcase dentro do marco do Plan Proxecta convocado pola Consellería de educación, e mais concretamente, dentro do programa Consumópolis.

Este programa propón nesta convocatoria dous bloques temáticos,
“O deporte, unha opción responsable para o ocio”
  • Alimentación e deporte. (Etiquetado nutricional, publicidade …)
  • Dereitos e deberes dos compradores (Tickets, garantías …)
  • Dereitos e deberes dos consumidores de centros deportivos: información clara, cuprimento de ofertas…
Os valores do deporte e o consumo responsable
  • Valores sociais e valores persoais.
  • Criterios de elección e compra de materiais deportivos (roupa, calzado, complementos,…).
  • A publicidade e a influencia dos deportistas famosos.
  • Regras éticas no deporte e na sociedade de consumo.

Obxectivos

  • Concienciación do alumnado sobre ocio e consumo responsable no ámbito do deporte, favorecer o intercambio de experiencias entre profesores e alumnos de distintos centros educativos e do noso centro.
  • Promover a educación para o consumo no centro co obxecto de que o alumnado desenvolva as competencias que lle permitan exercer os seus dereitos como persoas consumidoras, actuando no mercado de forma autónoma, responsable e solidaria.
  • Desenvolver actividades que promovan, entre os máis novos, hábitos de consumo responsable fomentando a participación do centro a través do profesorado e alumnado, en actividades relacionadas coa educación para o consumo.
  • Xerar estratexias participativas: formular dúbidas, presentar aprendizaxes funcionais con finalidade.
  • Motivar cara ao obxecto de aprendizaxe: dar a coñecer os obxectivos de aprendizaxe, negocialos cos alumnos.
  • Favorecer a autonomía da aprendizaxe: limitar o uso de métodos transmisivos, modificar os papeis do profesorado e do alumnado ...
  • Favorecer o uso integrado e significativo das TIC
  • Favorecer o uso de fontes de información diversas
  • Favorecer a utilización de organizacións diferentes do espazo e do tempo: modificar a organización do espazo da aula, flexibilizar a duración das sesións de traballo.
  • Impulsar a funcionalidade do aprendido fóra do ámbito escolar: favorecer a relación entre as diferentes materias, utilizar metodoloxías globais
  • Impulsar a avaliación formativa: crear situacións de autorregulación, dar a coñecer os criterios de avaliación, potenciar a autoavaliación.

Metodoloxía:

Tratase de elaborar pequenos proxectos con grupos de traballo formados por un número de cinco alumnos. Cada grupo pescudará distintos aspectos do tema na contorna local susceptibles de formar parte dunha actividade de deporte, co obxectivo de recabar ideas para o concurso. Todo isto mediante un enfoque multidisciplinar no que profesores das materias implicadas abordarán distintos aspectos dentro do seu currículo, e no que as tecnoloxías xogarán un papel destacado.

AVALIACIÓN

A integración do proxecto dentro da programación de aula fai que sexa avaliado dentro das tarefas de clase e polo tanto pase a formar parte dos contidos procedimentais.
Na avaliación participarán os alumnos de xeito activo, mediante a autoavaliación e tamén mediante a avaliación das tarefas feitas polos compañeiros, a partir dos indicadores que o profesorado acorde para as distintas actividades